Aínda que o profesor poñerá a disposición dos alumnos as presentacións empregadas nas clases, éstas non son máis que guías de estudo, insuficientes para superar a materia. A asistencia a clase e o emprego dos textos recomendados falicitarán a comprensión do temario e a superación dos exames. De detectarse fraude académico nas actividades da materia aplicarase a normativa vixente. Programa Green Campus Facultadede Ciencias: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: 1) Non se empregarán plásticos. 2) Realizaranse impresións a dobre cara. 3) Empregarase papel reciclado. 4) Evitarase a realización de borradores. Ademais, polas características da materia, os contidos e actividades están deseñados para favorecer a ambientalización curricular. |