Recoméndase que o alumno consulte periódicamente a plataforma moodle, na que se colgarán avisos, normativa e datas relevantes para cursar a materia.
Todo escrito ateráse aos usos e normas nesta demarcación xeográfica da Real Academia Galega o de la Real Academia Española para que poida ser correctamente entendido e en consecuencia avaliado.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia debe poñerse en contacto coa responsable da materia para acordar as condicións de avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.