ESTA GUÍA ES VÁLIDA TANTO PARA LA MODALIDAD PRESENCIAL COMO PARA LA MODALIDAD A DISTANCIA
1. O TFM supón a realización, por parte de cada estudante, de forma individual, dun proxecto, memoria ou estudo concreto, é un traballo de especialización, que integra os coñecementos asimilados nas diversas disciplinas impartidas durante o mestrado, centrado no desenvolvemento dunha aplicación de tipo práctico.
2. O TFM facilitará o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e creativas do alumnado ao adaptar solucións e métodos estudados na teoría a problemas reais. Excepcionalmente poderá ser un traballo de investigación sobre algún dos temas fundamentais na Dirección Integrada de Proxectos, neste caso requerirase a presentación con carácter previo, de unha memoria de investigación razoada e que inclua referencias à bibliografía existente sobre o tema concreto proposto. A devandita memoria deberá estar avalada por un director, docente do Master.
3. O TFM será realizado de forma individual baixo a supervisión dun ou máis directores.
4. O TFM só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado todos os créditos necesarios agás os correspondentes aos propios do TFM para a obtención do título de Máster
5. O TFM será defendido polo alumnado ante o Tribunal designado pola Comisión Académica do Máster, de forma publica e presencialmente.
6. A primeira oportunidade de defensa e avaliación dos TFM realizarase nos meses de maio/xuño/xullo. A segunda oportunidade realizarase nos meses de xullo/setembro.
7. A carga do TFM defínese no plano de estudos do Máster. A Guía Docente especificará, alomenos, a planificación e a metodoloxía de traballo, o contido mínimo do traballo, o/s formato/s da documentación a presentar para a defensa do TFM (exemplar en versión escrita, exemplar en versión electrónica, número de copias, etc), as condicións de defensa do TFM (tempo máximo de exposición, medios a utilizar, material de soporte, etc), e os criterios de avaliación.
Ver Reglamento Trabajos Fin de Máster:
https://www.mdip.es/estructura/bloque-practicum-estructura/trabajo-fin-de-master
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías