No exame correspondente á segunda oportunidade poderáse optar por avaliar unicamente a proba mixta coa súa puntuación correspondente, á que se lle sumaran os puntos correspondentes das outras probas de evaluación continua obtidas ó longo do curso, ou ben avaliar a totalidade da asignatura a traves da proba obxetiva. Neste caso, no exame deberase demostrar a adquisición das competencias traballadas nas distintas metodoloxias.
Na convocatoria adianteda, avaliarase a totalidade da asignatura a través da proba obxetiva.
Para a obtención do aprobado é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 50 sobre 100.
A nota final obterase sumando as cualificacións das distintas metodoloxías expostas no apartado de "avaliación", a condición de que se cumpra coa condición de que se obtivo polo menos 30 puntos na proba mixta.
No caso de que non se cumpra a condición anterior, a nota final será a nota da proba mixta.
Os alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que demostrar a adquisición das competencias e coñecementos avaliados en cada unha das metodoloxias. Podesase propor neste caso unha proba de evaluación especifica para estos alumnos co fin de avaliar a sua adquisición de competencias nas distintas metodoloxias.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente.