Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Departamento profesorado máster Química
Coordinación
Esteban Gomez, David
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
Profesorado
Brea Fernández, Roberto Javier
Esteban Gomez, David
Mosquera Mosquera, Jesús
Correo electrónico
roberto.brea@udc.es
david.esteban@udc.es
j.mosquera1@udc.es
Web
Descrición xeral
A Química Supramolecular é unha materia imprescindible no módulo de "Química Sintética", que permite comprender a natureza das interacións intermoleculares, e analizar as posibles implicacións que éstas poden chegar a ter, tanto desde o punto de vista estrutural, como de reactividade en procesos catalíticos e estereoselectivos.
Os contidos tratados na materia profundizan en moitos dos aspectos presentados en diferentes materias do módulo, e resultan un complemento necesario para facer fronte aos contidos de materias dos módulos de "Química Biolóxica", "Nanomateriais e Novos Materiais" e de "Técnicas Analíticas Avanzadas".
Unha vez cursada, o alumnado terá adquirido os coñecementos básicos relacionados coa Química Supramolecular, como ferramenta na construción de sistemas complexos a partir de unidades perfectamente definidas, e das interacións que os gobernan, tanto para a súa aplicación en distintas áreas de investigación como para entender diferentes procesos industriais tales como a catálise, xelificación, solubilización de sistemas complexos, etc.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías