Efectuarase un
seguimento continuo da aprendizaxe, mediante a realización de diferentes
actividades, traballos ou resolución de problemas. Esta avaliación continua
será a base para unha primeira puntuación que se corresponderá co 20 % da nota
final. O traballo das titorías en grupo será tamén avaliada, e a nota computará
como o 20 % da nota final. Ó finalizar as clases realizarase un exame con cuestiones
teórico-prácticas, que corresponderá ao 60 % da nota final. Será preciso un 30%
de nota mínima EN CADA PARTE para superar a materia.
A asistencia ás
titorías de grupo é obrigatoria para superar a materia. As calificacións dos
traballos, actividades e titorías se comunicarán ó alumno antes do exame. O
sistema de avaliación será o mesmo para dúas oportunidades de exame. Non se
conservará ningunha nota entre convocatorias.
Para obter a cualificación de
non presentado, o/a estudante non poderá ter participado en máis dun 20 % das
actividades avaliables programadas. En traballos tutelados e na proba obxectiva exixirase unha puntuación mínima do 30% para facer media.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na
materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria
extraordinaria.