A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzarse a puntuación mínima na proba mixta a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación media fose igual ou maior que 5 (nese caso a cualificación na acta será de 4,5). Os alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta recibirán a cualificación de Non Presentado.
As cualificacións das prácticas a través de TIC e dos obradoiros manteranse na segunda oportunidade. Por tanto, na segunda oportunidade os alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.
Na convocatoria
adiantada de decembro aplicaranse os criterios de avaliación establecidos na guía docente do curso 2021-22.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial seran avaliados cos criterios expostos anteriormente.
Os estudantes con dispensa académica están exentos da asistencia aos
talleres (15%) da cualificación global) e poderán ser avaliados únicamente
mediante as prácticas a través de TIC e a proba mixta, tanto na primeira como na
segunda oportunidade. Para os alumnos que se acollan a dispensa de asistencia
aos talleres, a proba mixta contribuirá ao 90% da cualificación global. A
realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para
superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da flexibilidade
que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No
caso de circunstancias excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o coordinador de QO1 podería eximir a algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas a través de TIC. O
estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e
competencias propias da materia (correspondente ao 100% da cualificación).
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación será penalizada tendo en conta o establecido na normativa.