Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6
da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os
traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.
Gran parte dos propios contidos da Materia gardan relación directa coa Sostibilidade: o estudo das fontes de enerxía, os riscos xeolóxicos, o cambio climático ao longo do tempo e o seu impacto nos seres vivos. Preténdese concienciar ao estudantado do primeiro curso da necesidade de ter un comportamento responsable e comprometido coa sostibilidade na propia facultade e no seu ámbito persoal.
|