A materia divídese en dous bloques, 1-Probabilidade (PROB) e 2-Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística (ED-INF). Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. O bloque de PROB representa o 45% da nota final (40% proba final, 5% cuestionarios online de avaliación), e o outro bloque da materia ED-INF representa o 55% da nota final (traballo tutelado 20%, proba final 30% e cuestionarios online de avaliación 5%).
Para aprobar a asignatura é necesario ter aprobado por separado cada un dos bloques dos que consta a materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5.
(a) PROBABILIDADE: para superar este bloque a suma da cualificación da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a calificación na proba obxectiva no pode ser inferior a un 4 (sobre 10).
(b) ED - INF: para superar este bloque a suma da cualificación do traballo tutelado, da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a calificación na proba final no pode ser inferior a un 4 (sobre 10).
Durante o curso realizarase una proba parcial eliminatoria do bloque de PROB, de modo que quen supere o bloque con esta proba parcial terá aprobado o bloque de cara á avaliación da asignatura en calquera das dúas oportunidades.
Para obter a cualificación de NON PRESENTADO na primeira oportunidade, é preciso non se ter presentado a ningunha proba obxectiva nin ter entregado ningún traballo tutelado. Para obter a cualificaciónde NON PRESENTADO na segunda oportunidade en xullo, será preciso non se ter presentado a ningunha proba obxectiva nesa oportunidade.
Adicionalmente poderase valorar a asistencia e participación nos seminarios, titorías, clases prácticas, etc. así coma os resultados dos cuestionarios online de autoavaliación (non avaliables) puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final.
Na segunda oportunidade de xullo, o criterio para superar a materia será o mesmo ca na primeira oportunidade de xuño.
Tódalas observación previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.
No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
aplicarase a normativa vixente nas Normas de avaliación, revisión e reclamación da UDC e no Estatuto do Estudantado da UDC