A brevidade no tempo entraña o perigo de que o alumnado non estea adaptado aínda ao sistema de estudo e traballo propio da ensinanza universitaria, e podería levar ao fracaso se o proceso de adaptación e mentalización non se fai convenientemente. Neste sentido, é importante o estudo constante e os repasos periódicos a medida que se avanza nos contidos da materia. Recoméndase ler ou traballar o tema das leccións maxistrais ou sesións en grupo reducido así como tomar notas ou apuntamentos durante as mesmas. Recoméndase ao alumnado que atope unha especial dificultade no seguimento das clases ou na abordaxe dos temas que integran o programa (tanto teórico como práctico) da materia a asistencia ás titorías individualizadas no horario reservado para iso (ver horario en https://ciencias.udc.es/gl/grao-en-bioloxia). |