Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Introdución á Botánica: Botánica xeral |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á Botánica: Botánica xeral | Código | 610G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións e notas que porá a disposición dos alumnos. |
Prácticas de laboratorio | O alumno terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de organismos vexetais representativos dos distintos grupos e completar un guión dispoñible con anterioridade á práctica e que será avaliado. Na primeira práctica realizarase unha saída á contorna próxima durante unha hora para a aprendizaxe da recolección do material representativo dos distintos grupos vexetais que estudarán no laboratorio. |
Seminario | O alumno deberá resolver distintas cuestións ou preparar de forma autónoma algúns dos contidos da materia. O traballo do alumno será posto en común durante as distintas sesións nas que se someterá a discusión e, no seu caso, avaliación. |
Estudo de casos | Esta actividade Realizarase como unha estratexia válida de formación investigativa que posibiliten a integración teórico-práctica dos coñecementos previos e ancestrales coas novas tecnoloxías da informática, para obter unha aprendizaxe significativa. O traballo será compartido e posto en común, e empregaremos a autoavaliación, a coavaliación e a avaliación do profesor. |
Proba mixta | A avaliación final sumativa dos contidos teóricos e prácticos farase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. |
Proba obxectiva | Proba dirixida á avaliación continua. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo. |
Proba práctica | Proba na que se busca que o alumno resolva unha pregunta/problema que teña como resultado os coñecementos aprendidos nalgunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. |
|