Para poder superar a asignatura na primeira oportunidade será preciso ter unha participación de alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter cando menos a
cualificación de 4 sobre 10 puntos na prueba obxectiva escrita.
Para poder superar a asignatura na segunda oportunidade (Xullo), o
alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá
realizar unha proba obxectiva escrita semellante á da primeira
oportunidade (60% da cualificación) e unha proba práctica de
identificación de material e traballo con inventarios florísticos (40% da cualificación).
As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán
conservadas só durante o correspondente curso académico.
Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno no poderá ter
participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.
No seu caso, na avaliación dos alumnos con dedicación a tempo parcial ou con excepción de asistencia o 10% da avaliación reservada á avaliación das saídas de campo e / ou prácticas de laboratorio incorporarase á avaliación da proba obxectiva escrita.
Para aqueles alumnos que soliciten participar na oportunidade anticipada de decembro, aplicarase a guía docente do curso anterior.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente.