A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.
Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.
Serán considerados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios e nas prácticas). Neste caso, figurará na acta a nota obtida na proba obxectiva.
Se por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionarase á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, en cumprimento do establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e Reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario , e o Estatuto do Estudantado da UDC.
Para os estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro, aplicará a guía docente do curso anterior