Prácticas a través de TIC |
A5 A6 A10 B4 B5 C3 C6 |
Práctica de ordenador usando o software estatístico libre R. |
30 |
Proba de resposta múltiple |
A5 B1 B5 C8 |
Proba de comprensión dos conceptos impartidos. |
30 |
A avaliación realizarase por medio dunha proba sobre
prácticas con R, un traballo individual do/da alumno/a, así como unha
proba escrita de conceptos. A calificación da proba de
conceptos representará o 30% da calificación global, a proba de
práctica en R corresponderá ao 30% mentres que o 40% restante
corresponderá ao traballo individual, que ten que ser presentado en público
polos alumnos. A cuarta parte da puntuación deste traballo individual (10% da cualificación global) corresponde á presentación oral do mesmo. Para superar a materia será necesario obter unha calificación de alomenos 5 sobre 10 no conxunto da materia. Na
oportunidade de xullo os alumnos poderán liberarse de facer as probas
correspondentes nas que a súa calificación na
oportunidade de xaneiro fora de alomenos 4 sobre 10. Na primeira oportunidade (xaneiro-febreiro), so os alumnos que non se
teñan presentado a ningunha das probas avaliables que figuran
arriba obterán a calificación de NON PRESENTADO. En xullo obterán a calificación de NON PRESENTADO os alumnos que non tiveran presentado ao exame final desa data.
|