Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel
obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento.
Para superar a materia e preciso aprobar cada unha das tres partes.
Na primeira oportunidade terá cualificación de non presentado aquel estudante que non realice a proba obxectiva. De acordo coa normativa da UDC, se se supera a materia na primeira oportunidade, o/a estudante non poderá volver presentarse na segunda oportunidade para tentar mellorar a súa nota.
Se o/a estudante non supera a materia na primeira oportunidade e desexa presentarse á segunda oportunidade, deberá realizar de novo a proba obxectiva. Se se suspende a materia na primeira oportunidade, manterase a nota obtida nos traballos prácticos para a segunda oportunidade. En caso de suspender devanditos traballos prácticos na primeira oportunidade, o/a estudante poderá optar entre manter a nota obtida ou recuperalos na segunda oportunidade. Neste caso, a nota aplicada nos traballos prácticos na segunda oportunidade será a obtida na segunda oportunidade, sexa maior ou menor á obtida na primeira.
Os alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia a clase ("tempo parcial") serán avaliados en horario fóra de clases convido entre profesor e alumno.