REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as notas obtidas nas diferentes partes da materia.
A proba mixta poderase dividir en dúas partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre.
Na segunda oportunidade poderase avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, podendo optar o estudante por facer unha de estas partes ou as dúas. Os resultados acadados nas demais partes da materia serán aqueles que
os estudantes obteron na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.
Alumnos matriculados a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin a avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba obxetiva.
En calquera caso, a data límite para a entrega das prácticas será a da proba mixta.
Detección de plaxios ou copia de traballos: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade.