Traballos prácticos e solución de problemas
- Dado que se trata de actividades de avaliación continua, non se reavaliarán nin se admitirán entregas na segunda oportunidade. As cualificacións dos traballos prácticos e solución de problemas da primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade.
- De acordo
ao artigo 14, apartado 4, da normativa*,a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.
- Se as probas ou actividades de avaliación se realizaren en grupo, todos os membros do grupo
responderán de forma solidaria do traballo realizado e entregado e das
súas posibles consecuencias.
Matrícula a tempo parcial
-
Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.
Non presentado
- Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP). Na primeira oportunidade, esto será extensible a quen non entregue todas as prácticas en tempo e forma.
*
Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de
Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.