A materia de Prácticas Externas (PE) é unha materia obrigatoria do primeiro cuadrimestre de cuarto curso, con 6 créditos. O seu obxectivo é completar a formación do grao con estadías nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A FIC ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares.
O desenvolvemento dunha PE implica:
1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do grao que realicen tarefas que poidan desenvolverse mediante a materia de PE.
2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inícianse desde finais do curso previo.
3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un/unha estudante.
4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor/a profesional do/a estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas.
5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor/a académico/a que supervisará que o/a estudante realice o plan de formación determinado, que recibirá os informes do titor/a profesional e do/a estudante, e que avaliará o realizado polo/a estudante.
6) A definición dun plan de formación onde os/as titores/as da PE definan o alcance do traballo a realizar polo/a estudante.
A normativa da UDC sobre PE require que se estableza un convenio para a relación de PE.
Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC:
1) Que o/a estudante superase a metade dos créditos do grao.
2) Que superase todas as materias de formación básica (primeiro curso).
3) Que faga a solicitude no prazo establecido e que a nota media do seu expediente se atope entre o número de estudantes permitido para cada cuadrimestre. Este límite vén marcado pola vicerreitoría de profesorado, xa que cada titor/a académico/a consume 2 horas de POD por cada estudante titorizado/a.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías