A materia ten como obxectivo dotar ao alumno do coñecemento do marco constitucional e legal que establece os dereitos da comunicación audiovisual, e proporcionar coñecemento sobre a propiedade intelectual e industrial das obras audiovisuais, así como sobre as claves xurídicas da contratación no sector audiovisual.
Na memoria de máster verificada polo Ministerio aplicouse unha media de 14 horas presenciais por crédito ECTS. Non obstante, o máster tivo que adaptarse á normativa da UDC que establece que as horas presenciais e non presenciais distribuiranse do seguinte xeito: 1 crédito ECTS implica 7 horas de clase presencial e 18 horas de traballo autónomo do estudante, e que a presencialidade non poderá superar o 40% do total da dedicación do estudante.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías