Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Comunicación |
Grao en Comunicación Audiovisual |
Asignaturas |
Empresa |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Empresa | Código | 616G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Explicación dos contidos do programa teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais. |
Traballos tutelados | Os coñecementos teóricos reflectiranse nun traballo práctico. Para o seu desenvolvemento o alumnado creará grupos cuxos integrantes non serán en número inferior a cinco e superior a sete. O traballo realizado por cada grupo consistirá na creación dunha empresa audiovisual ou ben a análise da xestión dunha empresa audiovisual xa existente; neste sentido, cada grupo deberá efectuar aos profesores as correspondentes propostas e será necesario o visto e prace destes para o seu desenvolvemento e avaliación |
Presentación oral | Como complemento aos traballos tutelados exporanse os traballos desenvolvidos polo alumnado. Ademais os docentes farán as preguntas que consideren oportunas. Desta forma conséguese unha docencia interactiva, práctica e unha participación activa por parte do alumno ao longo do cuadrimestre |
Proba de resposta múltiple | Test de resposta múltiple individual. Cada pregunta mal contestada penaliza a cualificación da proba (tres preguntas mal contestadas contrarrestan unha correcta) e as cuestións en branco consideraranse mal contestadas. |
|