- Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual para seguir o desenvolvemento da asignatura. - Nesta materia desenvolveranse actividades docentes relacionadas coas liñas de inonovación docente ás que se adscribe o grupo de innovación docente GIDCOM. - Dada a importancia da publicidade na transmisión de ideas e imaxinario social, esta materia pretende o desenvolvemento dunha perspectiva crítica, consciente e comprometida que leve ao desenvolvemento de mensaxes e representacións máis igualitarias e diversas. Neste labor desenvolverase unha actividade específica, a modo taller, en coordinación coa Oficina para a Igualdade de Xénero-OIX para suscitar a reflexión en torno ao sexismo na publicidade e promover a incorporación da perspectiva de xénero na creación de contidos e campañas publicitarias, na liña do ODS5. |