A avaliación da materia consistirá nun exame teórico (20% da nota final) e os
exercicios prácticos (80%) realizados ao longo do cuadrimestre. Para optar a aprobar
a materia é obrigatorio alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 no exame
teórico, que se realizará na data oficial aprobada en Xunta de Facultade.
Tamén é necesario entregar as prácticas correctamente e en prazo así como
asistir ás presentacións e revisións que se soliciten. As datas de entrega e no
seu caso presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente en clase
e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre. As competencias, as datas de
entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba
notificaranse previamente en clase e publicaranse no Campus Virtual ao longo do
cuadrimestre.
O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á
diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas nas
datas sinaladas. As sesións expositivas e as probas avaliables foron deseñadas
para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e sempre
baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para
non prexudicar a cualificación do alumnado.
As sesións expositivas e as probas avaliables foron deseñadas para garantir
o aprendizaxe autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en
situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e
entregalas durante os períodos de tempo sinalados.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria
extraordinaria.