Proba mixta |
A1 A2 A7 A8 A12 |
Proba composta por: unha parte tipo test, unha serie de preguntas cortas e un caso práctico. |
50 |
-A teoría supón o 50% da nota e a práctica o 50% restante.
-Para superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes (teoría e práctica). Para superar a parte práctica, deben estar aprobadas cada unha das prácticas feitas ao longo do curso.
-Para participar nas prácticas de grupo é obrigatoria a asistencia.
-O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da asignatura antes do día 15 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias ás aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.
-A realización fraudulenta das prácticas e das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|