A teoría supón o 40% da nota e a práctica un 60% (traballos e proba oral)
Para superar a materia deben estar aprobadas a dúas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, os alumnos deberán superar todas e cada unha das prácticas.
A forma de valoración na convocatoria extraordinaria realizarase da mesma forma que a convocatoria de ordinaria.
Os alumnos deberán entregar os traballos prácticos segundo os criterios estipulados polo docente.
Acción contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "0" suspenso na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
Os estudantes con dispensa académica deben contactar co profesor ao comezo do curso, vía Moodle ou correo electrónico, para acordar un itinerario personalizado para compensar as ausencias das clases maxistrais e as horas de traballo práctico.
As faltas de ortografías penalizan a nota final.