A avaliación da materia comporase de tres bloques, cos seguintes pesos na nota final:
- Traballos prácticos: 50
- Exame teórico: 30
- Presentación oral: 20
A proba teórica realizarase na data oficial do exame da materia.
Os traballos prácticos entregaranse nos plazos correspondentes que se indiquen en clase e se publiquen nas tarefas de Moodle. A presentación oral realizarase dentro das clases na data e modo que se indicará en clase con antelación suficiente.
Na segunda oportunidade, os bloques de traballos prácticos e presentación oral sustituiranse por unha proba práctica a realizar no laboratorio na data oficial do exame.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria