Proba práctica |
A7 A9 A10 B1 B2 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C3 C7 C9 |
Proba práctica |
10 |
Obradoiro |
A7 B2 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C3 C7 C8 C9 |
Exercicios prácticos |
40 |
A avaliación da materia consistirá nunha proba práctica (10% da nota final), unha proba de preguntas curtas ou test online (10%), un traballo final (40%) e os exercicios prácticos (40%) realizados ao longo da materia. As competencias, as datas de entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.
O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do alumnado.
As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir a aprendizaxe autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas durante os períodos de tempo sinalados.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de fallo '0' na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.
|