Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do
Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta
á hora de deseñar e realizar a avaliación. Para facer a media da materia é
necesario ter en cada metodoloxía un mínimo de 4 sobre 10.
A entrega e presentación de traballos, casos e problemas
realizarase preferentemente empregando a facultade virtual, nas datas que se establezan. En caso de non alcanzar o aprobado durante o curso,
poderase realizar un exame final que terá un valor na avaliación do 100%.
A oportunidade de xuño e xullo serán de manera presencial.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA
QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se
as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e
cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen
menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado
diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de
titorias. Neses casos, a procentaxe de presencialidade repartirase entre o
resto de metodoloxias.
A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.