• Exames teórico-prácticos: realizarase unha proba parcial ao finalizar o primeiro cuadrimestre e outra ao finalizar o segundo. Ademais, haberá exames finais en xuño e en xullo.
- Tanto na oportunidade de xuño como na de xullo, para superar a materia é necesario obter polo menos un 3,5 en cada unha das partes correspondentes aos dous cuadrimestres en que se divide o curso.
- No exame de xuño, os/ as estudantes que non superen a materia por parciais, pero obtivesen unha nota superior ao 3,5 nalgún deses exames, poderán elixir non examinarse desa parte (compensando a nota coa da outra parte) ou ben examinarse de todo o contido da materia. Nese caso, tomarase a nota maior das obtidas no parcial e o exame de xuño.
- No exame de xullo, os/ as estudantes que obtivesen unha nota maior ou igual a 5 nun dos parciais poderán presentarse só ao outro parcial.
• Probas: ao termo de cada tema realizarase unha proba/test voluntario de carácter teórico.
• Problemas: en cada tema propoñeranse unha ou varias prácticas con problemas para resolver na aula. Nalgunha destas prácticas utilizarase Octave ou MATLAB para a resolución das mesmas.
En cada oportunidade a nota final obtida será a máxima de:
a) (nota do exame (ou exames)) x0'7+ (nota de curso) x 0'3.
A nota de curso calcúlase a partir da nota das probas (40%) e da nota de problemas (60%). Para que se teña en conta esta nota é necesario asistir polo menos a un 80% das clases de problemas. A peor nota tanto de probas como de prácticas non se terá en conta para a nota final (en caso de faltar a unha proba ou non entregar unha práctica, descartarase o cero que iso supoñería).
b) (nota do exame (ou exames)).
En calquera caso, para aprobar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5.
A realización fraudulenta das probas ou prácticas, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "0" na nota de curso. No caso dos exames, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.