A avaliación da materia consistirá nun traballo final (portfolio, showreel…) e os exercicios prácticos realizados ao longo da materia. Cada proba supón un 50% da nota total.
As datas de entrega e a presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.
O alumnado que se atope en situación de dispensa académica deberá realizar o entregar do traballo final nas datas establecidas. Recoméndase que os exercicios semanais váianse entregando semanalmente nas datas solicitadas; podendo tamén entregalos todos xuntos o mesmo día da entrega do traballo final.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade e para a convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os requeridos na primeira oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación implicará directamente a cualificación de fallo '0' na materia nacorrespondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida entodas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.