Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade |
Asignaturas |
Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable | Código | 730547014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A9 B14 B16 C4 | O alumnado realizará varias prácticas de laboratorio relacionadas coa eficiencia enerxética de polímeros condutores. Avaliaranse tanto as competencias adquiridas no laboratorio como o informe de prácticas presentado. |
30 |
Traballos tutelados | C1 C4 C8 | O estudantado realizará un traballo individual sobre un tema relacionado cos polímeros condutores que deberá entregar e presentar ao resto da clase. Avaliarase tanto o traballo escrito entregado, como a presentación do mesmo. Na avaliación utilizarase unha rúbrica. |
60 |
Proba de resposta múltiple | B9 B16 | Tests online sobre a materia vista na aula, a través da plataforma Moodle. O resultado dos tests realizados puntuará na nota final. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Os/as estudantes que acumulen máis dun 20% de faltas de asistencia sen xustificar, que non realicen as prácticas de laboratorio (sen causa xustificada) ou que non entreguen o traballo tutelado quedan excluídos do proceso de avaliación continua, polo que a súa avaliación na primeira oportunidade será NON PRESENTADO. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao profesorado o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. Daranse as instruccións oportunas para que o alumnado siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por outros traballos individuais ca mesma puntuación. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE : 1.Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2.Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 3.Facer e entregar toda as prácticas de laboratorio nas datas indicadas. 4.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Na segunda oportunidade, o alumnado terá que facer unha proba obxectiva (examen presencial ou on line) que poderá constar de distintos tipos de preguntas (múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación). Ademais, pediráselles un traballo/prácticas adicionais para completar a avaliación. A cualificación será o 50% a proba obxectiva (examen), 30% prácticas de laboratorio e 20% traballo/prácticas adicionais. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE : 1.Aprobar o exame (50% da puntuación máxima do exame) 2.Facer e entregar en data o traballo/prácticas adicionais 3.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10. |
|