1. entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
-Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado,
igualitario e proveitoso á vida universitaria.