Prácticas de laboratorio |
B3 C6 |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio. Valorarase a compresión do traballo de laboratorio. As practicas son obligatorias para aprobala asignatura. |
10 |
- A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os alumnos que xa estiveran matriculados na asignatura e realizasen as prácticas de laboratorio
no curso anterior, poderán optar en realizalas novamente ou non
realizalas, solicitalo, e conservar a puntuación do curso anterior. - Para o alumnado con recoñecemento de dedicacion a
tempo parcial e despensa academica de exención de asistencia, a avaliacion
consistira na realizacion dunha proba mixta escrita coa cualificacion do 60%, mais
valoracion de traballos propostos de solución de problemas con cualificacion do 30%, e máis a realización de prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos da practicas de laboratorio) coa cualificación do 10%. - Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e da convocatoria adiantada son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supoñendo igualmente o 10% da cualificación, manterase tamén a puntuación obtida na solución de problemas, pero supoñendo soamente o 15% da cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira oportunidade). O 75% restante corresponderá á proba mixta.
- Os alumnos con calificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de '0' na proba ou actividade en cuestión.
|