Guest lecture / keynote speech |
Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas tratados no programa (Plataforma: Teams -videoconferencia- e Presencialidade, irase indicando ó longo do curso) |
Online forum |
Utilización do foro virtual para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia (Plataforma: Moodle) |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de mellorala. Propoñerase ao alumnado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O estudante poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. Polo tanto, o número de horas dedicadas a esta actividade será a suma das previstas para cada actividade, é dicir, 7 horas durante as sesións e 21 horas de traballo autónomo (Plataforma: Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o desenvolvemento do traballo práctico e ás necesidades/dispoñibilidades das entidades colaboradoras) |
Supervised projects |
Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado. No caso do traballo tutelado o alumnado deberá realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente (Plataforma: Moodle, adaptación ás aplicacións requiridas para o desenvolvemento do traballo práctico e presentación do traballo presencial)
|