Methodologies
|
Supervised projects |
ICT practicals |
Aprendizaxe servizo |
|
Description |
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
CORREO ELECTRÓNICO
– De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
MOODLE
– Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas
TEAMS
– Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo
OBXECTIVO DA ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
Os equipos formados no marco do aprendizaxe servizo / traballos tutelados terán asignadas sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.
Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
ALUMNADO QUE SE ATOPE EN CONDICIÓNS DE SOLICITAR O RÉXIME DE ESTUDOS A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA.
Acordarase ao longo do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá pórse en contacto co equipo docente da materia antes do 30 de setembro. |
|