A
realización dos traballos e lecturas de clase, que deberán facerse semanalmente,
supondrá o 50% da cualificación final (para acadar o aprobado non é necesario
facer o examen). O outro 50% procederá da nota do examen.
Os que non
realicen os traballos semanas de clase poderán optar por facer o examen final
(tanto na 1ª como na 2ª oportunidade) coa materia vista en clase (entregaránse
apuntes con esa materia de examen).
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, existen dúas opcións:
- a realización do exame final, sobre a materia vista en clase
-
ou facer os traballos de clase semanalmente, traballos que se irán indicando na plataforma do campus virtual, e
deberán ser entregados (persoalmente ou por correo electrónico) nas
mesmas datas que o alumnado asistente a clase.
Para a 2ª oportunidade o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial terá a primeira das opcións (a realización do examen).
Implicacións de plaxio: A realización fraudulenta dos traballos de clase ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquer cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.