Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Neurociencia (Plan 2011)
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Investigador
  AI1 Identificar e explicar a organización celular e funcional das principais estruturas do sistema nervioso central e periférico.
  AI2 Describir o proceso de desenvolvemento do sistema nervioso. Explicar o proceso de cambio adaptativo do sistema nervioso dentro do marco evolutivo.
  AI3 Explicar o proceso de cambio adaptativo do sistema nervioso dentro do marco evolutivo.
  AI4 Explicar o funcionamento das neuronas dende o nivel molecular ao celular.
  AI5 Describir a relación entre as canles iónicas e o comportamento neuronal.
  AI6 Explicar os mecanismos de interacción de fármacos e toxinas co sistema nervioso.
  AI7 Explicar os principios de integración neuroendocrina como base para o control do comportamento.
  AI8 Deseñar e realizar experimentos coas técnicas electrofisiolóxicas, anatómicas e de bioloxía molecular máis utilizadas no estudo do sistema nervioso.
  AI9 Comprender as bases biolóxicas da cognición e das emocións con especial énfase en procesos de atención, aprendizaxe, memoria e control executivo, tendo en conta os cambios que se producen coa idade.
  AI10 Coñecer os principais métodos empregados pola neurociencia cognitiva actual, con especial acento nas técnicas psicofisiolóxicas, neuropsicolóxicas e de neuroimaxe.
  AI11 Familiarizarse coas posibles aplicacións da neurociencia cognitiva tanto para o estudo dos procesos normais coma dalgunhas patoloxías. Integrar as bases conceptuais e metodolóxicas da psiquiatría na investigación básica e clínica das patoloxías psiquiátricas e das condutas aditivas.
  AI12 Integrar as bases conceptuais e metodolóxicas da psiquiatría na investigación básica e clínica das patoloxías psiquiátricas e das condutas aditivas.
  AI13 Alcanzar competencia específica no manexo da técnica dos potenciais evocados no estudo dos procesos psíquicos.
TipoB Código  
  Investigador
  BI1 Coñezan os fundamentos da neurociencia e as materias desta obxecto do seu interese.
  BI2 Coñezan e saiban utilizar as técnicas experimentais dos campos da neurociencia obxecto do seu interese.
  BI3 Posúan un grao de especialización, o que significa o coñecemento de problemas, teorías e técnicas específicas, en polo menos un campo da neurociencia.
  BI4 Saiban ler e obter información relevante de publicacións científicas.
  BI5 Saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa neurociencia.
  BI6 Sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
  BI7 Teñan competencia na presentación oral e escrita de resultados científicos a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BI8 Saiban traballar en grupos de carácter multidisciplinar
  BI9 Posúan capacidade de reflexión sobre as responsabilidades éticas e sociais da aplicación da investigación.
  BI10 Posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
TipoC Código  
  Investigador
  CI1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CI2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CI3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CI4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CI5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CI6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CI7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CI8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes