Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Tecnoloxías de Edificación Sostible (plan 2012)
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Coñecer os principios básicos do paradigma da sostibilidade, os seus debates e implicacións ambientais, socioculturais e económicas.
  AM2 Coñecer o impacto que o uso da tecnoloxía ten sobre a sociedade que o adopta e os principios básicos para unha tecnoloxía da sostibilidade.
  AM3 Deseñar, planificar, executar e avaliar proxectos tecnolóxicos, científicos ou de xestión nun marco de sostibilidade.
  AM4 Coñecer os procedementos de restitución fotogramétrica utilizados na intervención en edificios construídos.
  AM5 Adquirir un coñecemento global dos procesos e tecnoloxías de captura de información dos obxectos tridimensionais relacionados co proceso edificatorio, para lograr a súa representación gráfica.
  AM6 Capacidade para xulgar técnicas topográfica/fotogramétrica e determinar vantaxes e inconvenientes de aplicación en cada caso.
  AM7 Adquirir un coñecemento global dos procesos e tecnoloxías de captura de información do terreo.
  AM8 Coñecer e aplicar ao proceso edificatorio os sistemas de posicionamento global e os sistemas de información xeográfica e sistemas BIM
  AM9 Coñecer os determinantes construtivos do edificio como marco dos sistemas de instalacións e a normativa de aplicación.
  AM10 Analizar os fluxos materiais e enerxéticos que se dan nun sistema en edificación e a súa interrelación co territorio e os recursos que o sostén.
  AM11 Xestionar a explotación do edificio, implementar as melloras necesarias para adecuar os parámetros ambientais e enerxéticos.
  AM12 Avaliar e clasificar a eficiencia enerxética dun edificio segundo os criterios do CTE-HE.
  AM13 Establecer os criterios axeitados para a rehabilitación enerxética das envolventes para a mellora da clasificación EE. Capacidade de avaliar e implantar as solucións apropiadas.
  AM14 Coñecer os principios básicos e metodoloxías aplicadas aos sistemas baseados en EERR.
  AM15 Establecer os criterios técnicos para a integración dos sistemas baseados en EERR nos edificios.
  AM16 Coñecer os principios e métodos da física ambiental. Coñecer as leis e modelos de intercambio enerxético nas edificacións co medio-ambiente.
  AM17 Coñecer os fundamentos físicos da enerxía acústica e a súa transmisión, así como as técnicas avanzadas de investigación aplicadas á edificación baseadas nestes.
  AM18 Coñecer e saber aplicar a tecnoloxía de acústica en edificación, do illamento e do acondicionamento acústico, e a súa normativa de aplicación
  AM19 Coñecer a normativa xeral da xestión da calidade medio ambiental
  AM20 Analizar o ciclo de vida do edificio e avaliar o seu impacto ambiental
  AM21 Deseñar, planificar, executar, controlar, optimizar, equipos e procesos para a axeitada xestión e /ou tratamento de residuos e chans procedentes do proceso construtivo e deconstructivo.
  AM22 Seleccionar técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación dos sistemas e métodos para a vixilancia e o control ambiental na fase de explotación e uso dun edificio.
  AM23 Dominio de habilidades e métodos de identificación de riscos, estimación de probabilidades e estimación de consecuencias.
  AM24 Capacidade de realizar unha análise de fiabilidade, probabilidade de fallo, índice de fiabilidade
  AM25 Capacidade de análise de tensións, aplicación de coeficientes e aplicación de métodos probabilísticos.
  AM26 Coñecer as características mecánicas e fisico-químicas de formigóns especiais actualmente usados en edificación e a súa adecuación funcional, construtiva e estrutural.
  AM27 Coñecer a tecnoloxía do uso en estruturas de edificación do formigón armado e pre-tensado e a súa normativa de aplicación.
  AM28 Coñecer as tipoloxías e o comportamento das estruturas mixtas de edificación e a súa normativa de aplicación.
  AM29 Coñecer as tipoloxías e o comportamento das estruturas de madeira na edificación e a súa normativa de aplicación.
  AM30 Coñecer os procesos de acondicionamento do terreo e a tecnoloxía das cimentacións especiais.
  AM31 Dominio de habilidades e métodos de aplicación de novos materiais ao servizo do edificio.
  AM32 Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un sistema sostible con novos materiais.
  AM33 Capacidade de aplicar novos materiais nanotecnológicos a sistemas construtivos no edificio.
  AM34 Dominio de habilidades e métodos de aplicación de materiais tradicionais no edificio.
  AM35 Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un sistema sostible con materiais tradicionais.
  AM36 Capacidade de aplicar novos sistemas construtivos en dialogo con sistemas construtivos tradicionais no edificio.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BM2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BM3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BM4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BM5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BM6 Capacidade de análise e síntese.
  BM7 Capacidade de organización e planificación.
  BM8 Coñecementos informáticos relativos ao ámbito de estudo
  BM9 Capacidade de xestión da información.
  BM10 Capacidade de Resolución de problemas.
  BM11 Capacidade de Toma de decisións.
  BM12 Capacidade de Traballo en equipo.
  BM13 Capacidade de Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
  BM14 Habilidades nas relacións interpersoais.
  BM15 Capacidade de Razoamento crítico.
  BM16 Capacidade de Adquirir Compromiso ético.
  BM17 Capacidade de Aprendizaxe autónoma.
  BM18 Capacidade de Adaptación a novas situacións.
  BM19 Creatividade.
  BM20 Iniciativa e espírito emprendedor.
  BM21 Capacidade de Liderado.
  BM22 Motivación pola calidade.
  BM23 Sensibilidade cara a temas ambientais.
  BM24 Orientación a resultados.
  BM25 Orientación ao cliente.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes