Tipo A
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Específicas |
|
A1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os seus coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización |
|
A2 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría |
|
A3 |
Coñecementos básicos sobre o uso e programación de ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría |
|
A4 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría |
|
A5 |
Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador |
|
A6 |
Coñecemento axeitado do concepto de empresa e o marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas |
|
A7 |
Coñecemento dos conceptos fundamentais da mecánica de fluídos e da súa aplicación ás carenas de buques e artefactos, así como ás máquinas, equipos e sistemas navais |
|
A8 |
Coñecemento da ciencia e tecnoloxía de materiais e capacidade para a súa selección, así como para a avaliación do seu comportamento |
|
A9 |
Coñecemento da teoría de circuítos e das características das máquinas eléctricas, así como capacidade para realizar cálculos de sistemas en que interveñan os devanditos elementos |
|
A10 |
Coñecemento da teoría de automatismos e métodos de control e da súa aplicación a bordo |
|
A11 |
Coñecemento das características dos compoñentes e sistemas electrónicos e da súa aplicación a bordo |
|
A12 |
Coñecemento da elasticidade e resistencia de materiais, e capacidade para realizar cálculos de elementos sometidos a solicitudes diversas |
|
A13 |
Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de máquinas |
|
A14 |
Coñecemento da termodinámica aplicada e da transmisión da calor |
|
A15 |
Coñecemento das características dos sistemas de propulsión naval |
|
A16 |
Capacidade para a realización do cálculo e control de vibracións e ruídos a bordo de buques e artefactos |
|
A17 |
Coñecemento dos sistemas para avaliación da calidade, así como da normativa e os medios relativos á seguridade e á protección ambiental |
|
A18 |
Capacidade para a realización de cálculos de xeometría de buques e artefactos, flotabilidade e estabilidade |
|
A19 |
Coñecemento da hidrodinámica naval aplicada |
|
A20 |
Coñecemento das características dos materiais estruturais navais e dos criterios para a súa selección |
|
A21 |
Coñecemento dos procedementos e sistemas que se empregan para o control da corrosión mariña |
|
A22 |
Capacidade para o deseño e cálculo de estruturas navais |
|
A23 |
Capacidade para o deseño e cálculo dos espazos habitables dos buques e artefactos mariños, e dos servizos que se dispoñen nos devanditos espazos |
|
A24 |
Capacidade para a integración a bordo dos sistemas propulsores, tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc. |
|
A25 |
Capacidade para a integración a bordo dos sistemas auxiliares tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc. |
|
A26 |
Capacidade para a integración a bordo dos sistemas eléctricos tendo en conta o seu empacho, peso, cargas dinámicas, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc. |
|
A27 |
Capacidade para a integración a bordo dos sistemas electrónicos de control e de navegación, tendo en conta o seu empacho, peso, impacto na estanquidade, o espazo necesario para o seu mantemento etc. |
|
A28 |
Coñecemento dos métodos de proxecto da súa tecnoloxía específica |
|
A29 |
Coñecemento dos procesos de construción naval |
|
A30 |
Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á distribución dos espazos do buque |
|
A31 |
Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais, así como dos criterios para a súa selección |
|
A32 |
Coñecemento dos motores diésel mariños, turbinas de gas e plantas de vapor |
|
A33 |
Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais |
|
A34 |
Coñecemento das máquinas eléctricas e dos sistemas eléctricos navais |
|
A35 |
Capacidade para proxectar sistemas hidráulicos e pneumáticos |
|
A36 |
Coñecemento dos métodos de proxecto dos sistemas de propulsión naval |
|
A37 |
Coñecemento dos métodos de proxecto dos sistemas auxiliares dos buques e artefactos |
|
A38 |
Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica |
|
A39 |
Coñecemento dos procesos de montaxe a bordo de máquinas, equipos e sistemas |
|
A40 |
Coñecemento dos fundamentos do tráfico marítimo para a súa aplicación á selección e montaxe dos medios de carga e descarga do buque |
|
A41 |
Exercicio orixinal para realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto de natureza profesional no ámbito das tecnoloxías específicas da enxeñaría técnica naval en estruturas mariñas en que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas |
Tipo B
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais |
|
B1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
|
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
|
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
|
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
|
B5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
|
B6 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
Tipo C
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares |
|
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
|
C2 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
|
C3 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
|
C4 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse |
|
C5 |
Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
C6 |
Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
C7 |
Capacidade de traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar. |