Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
 Asignaturas
  Toxicología Xenética
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A12 B3 B5 C1 Exame: cuestionario con preguntas de resposta curta e/ou tipo test. Cómpre aprobar este exame para superar a asignatura. 40
Prácticas a través de TIC B3 C2 C6 Asistencia obrigatoria. Valorarase asistencia e participación, sempre que se aprobe o exame.
Os alumnos que por motivos xustificados non asistan ás prácticas deberar encher o cuestionario correspondente aos estudantes semipresenciais, e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido.
4
Sesión maxistral A6 A8 A12 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame. 12
Prácticas de laboratorio A8 A12 B3 B6 C6 Asistencia obrigatoria. Valorarase asistencia e participación, sempre que se aprobe o exame.
Os alumnos que por motivos xustificados non asistan ás prácticas deberar encher o cuestionario correspondente aos estudantes semipresenciais, e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido.
4
Traballos tutelados A12 B3 B5 B6 B9 C1 C2 Realización obrigatoria dun traballo tutelado en grupo (sempre que o número de estudantes o permita). A cualificación será a mesma para todos os membros do grupo. Valorarase sempre que se aprobe o exame. 40
Seminario B3 B5 B6 B9 C1 Asistencia obrigatoria para presentar o traballo tutelado.
No caso de non poder asistir por motivos xustificados, a presentación do traballo realizarase a través da plataforma Teams.
0
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Requisitos para superar a materia: Entregar e expoñer o traballo tutelado, asistir ás prácticas a través de TIC e de laboratorio, obter unha puntuación mínima dun 50% do peso do exame, e obter unha puntuación mínima global do 50% do total da materia.

Avaliación na segunda oportunidade: Os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado (se non se fixo no seu momento) e realizarán o exame. Ademáis, se os alumnos non asistiron ás prácticas obrigatorias deberán entregar un cuestionario sobre as actividades que se traballaron nelas.

En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos
idiomas, prevalecerá a versión en español.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes