A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final presencial, que só poderá realizarse se o alumno participa nun mínimo do 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (sesións maxistrais, seminarios, prácticas).
O alumno acadará a cualificación de Non Presentado cando non realice o traballo tutelado e non se presente ao examen final. A cualificación das actividades avaliables poderán conservarse na convocatoria de xullo, excepto a da proba mixta no caso de estar suspensa.
Os seguintes cursos académicos, o proceso de enseñanza-aprendizaje, incluídas todas as actividades avaliables, volverán a comenzar cun novo curso.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, se non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas oportunas para non prexudicar a súa cualificación.
Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido
no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades
disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria"