Aconséllase que aqueles alumnos que cursen a "Química Inorgánica 4" teñan superada a "Química Inorgánica 3". Asemade, é preciso que os alumnos que cursen a "Química Inorgánica 4" manexen adecuadamente os coñecementos impartidos nas materias "Química Inorgánica 1 e 2" e "Química Física 1 e 2".
Perspectiva de xénero:
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utlizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,...).
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da " Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a.- Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
b.- De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.