Non é preciso acadar ninguhna nota mínima nos seminarios ou actividades das sesións de discusión e/ou o exame escrito (proba mixta) para o cálculo da cualificación final. Os estudantes que sigueron a modalidade de avaliación continuada, poden optar a subir a súa cualificación facendo a proba mixta. Nos exames da segunda convocatorias se terá en conta únicamente a nota da proba escrita na que se avaliarán os coñecementos derivados das sesións teóricas, prácticas e seminarios.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente
Excepcionalmente,
no caso de que o/a estudante, por razóns xustificadas (estudantes con dedicación
a tempo parcial e dispensa académica ou circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á
diversidade) ou circunstancias sobrevidas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, adoptaránse as medidas ou realizaranse as actividades apropiadas que non afecten a súa
cualificación.
Considerarase non presentado o estudante que non realizase as actividades da avaliación continuada e/ou a proba final.
Nesta materia aplicaranse os criterios xeráis da UDC no compromiso de respeto relativos aos valores ambientais e de perspectiva de xénero.