Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioquímica e Bioloxía Molecular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 A12 A17 A27 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 A asistencia é obrigatoria. Os estudantes interpretarán os resultados obtidos e presentarán un traballo que incluirá un pequeno proxecto de investigación relacionado co traballado nas prácticas e un exame.
25
Proba mixta A29 B2 B3 B7 B10 B13 Avaliaranse os coñecementos adquiridos por os/as alumnos/as tanto nas sesions maxistrais como nos problemas traballados en grupo.
40
Solución de problemas A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo do alumnado nos grupos reducidos: exercicios, seminarios (según se indica no apartado de análise de fontes documentais) e posibles controis. 20
Análise de fontes documentais A29 B1 B3 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo en grupo reducido: Actividade de extracción e manexo de información científica e divulgativa que se traballará en grupos e elaboración dunha actividade divulgativa para expoñer na clase de grupos reducidos na que tamén haberá un debate. Avaliaranse o rigor científico da información (traballo grupal), a calidade da presentación visual (traballo grupal), a fluidez e claridade da exposición oral (traballo individual) e a capacidade de resposta (traballo individual).
15
 
Observacións avaliación

-É necesario ter APROBADAS as 3 partes: Actividades (Solución de problemas / Análise de fontes documentais), Prácticas e Proba Mixta, de forma independente, para facer a suma e superar a materia.
Tanto na primeira oportunidade oficial (Xuño) como na segunda (Xullo) os exames presenciais. Excepcionalmente serán on-line, a través da plataforma Moodle no caso de situación pandemia.


A evaluación continua, previa as oportunidades, oficiais, tamén serán on-line a través da plataforma Moodle. Programaranse dous exames parciais.


Cada unha das partes superada en evaluación continua será liberatoria. Isto é, manterase a calificación de cada una delas e non será necesario realizala de novo nas probas oficiais.


.-De cara á Cualificación Final, nas Actas (en calquera das 2 oportunidades: Xuño ou Xullo), só se sumaran as notas das partes (Proba Mixta, Prácticas e Seminarios) se na Proba Mixta se alcanza o 45% do seu valor. De non alcanzar a devandita porcentaxe, nas Actas aparecerá só a nota de 4.

.-No exame final da 2ª oportunidade_ Xullo poderase recuperar a nota só das partes da materia
teórica (proba mixta) da 1ª oportunidade_Xuño. Non haberá exame de Prácticas na 2ª oportunidade de Xullo.

.-A asistencia ás prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado. A non asistencia sen unha razón xustificada adecuadamente impide a superación da materia. Os estudantes que superasen as prácticas nos dous cursos anteriores poderán solicitar a súa convalidación. 

 .-Os/As estudantes que non se presenten ás probas oficiais terán un Non Presentado en Actas.

.-Segundo a normativa de cualificacións e actas nos Graos e Mestrados, a Comisión de Calidade da Facultade, acordou a recomendación de que se concederán Matrículas de Honra a aqueles estudantes que obtivesen as máximas cualificacións na primeira avaliación (Xuño).

.-Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria de
Xuño e Xullo haberá un exame específico de avaliación global.

.-Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera
realizar todas as probas de avaliación continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas a tal efecto.

.-Aparte dos exames do alumnado que cursa a materia en inglés, e debido ó feito de que o inglés é unha competencia transversal no Grao en Bioloxía, algúns materiais e preguntas curtas na clase ou no exame (relacionadas co traballado nos grupos reducidos e nas prácticas) poderían estar en inglés. En caso de dúbida, a profesora axudará ó alumno a entendela pregunta. -Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación obtida no exame teórico e a correspondente á parte práctica, representando éstas o 75% e o 25% da cualificación final, respectivamente.

A guía docente que se aplicará na oportunidade adiantada de decembro será a do curso en vigor.

En caso excepcional considerarase a posibilidade de pasar a impartir a asignatura en réxime de titorías.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes