Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas | Código | 610G02039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 | Exame final da materia: Teoría, Seminarios e Prácticas (ver observacións) |
50 |
Proba obxectiva | A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 | Exame parcial da materia realizado ao longo do curso (ver observacións) | 30 |
Portafolios do alumno | A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 | Informes das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas (ver observacións) | 20 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación, que incluirán as tres partes da materia Teoría, Seminarios e Prácticas cunha contribución á cualificación final de: 60% Teoría, 20% Seminarios e 20% Prácticas. Todos os estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso:
No caso da primeira oportunidade o alumno poderá optar por unha das seguintes modalidades de avaliación:
1. Avaliación continua: incluíndo entregables, exame parcial e exame final (con data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación: 60% Teoría (30% exame parcial + 30% exame final) 20% Seminarios (10% entregable + 10% exame final) 20% Prácticas (10% entregable + 10% exame final) Aqueles estudantes que entreguen e/ou se presenten a algunha das actividades da avaliación continua serán considerados como presentados, recibindo a cualificación correspondente ós traballos entregados e/ou probas realizadas segundo a súa ponderación, e unha cualificación de cero naqueles traballos e/ou probas nos que non se presentase.
2 Avaliación única: incluíndo un exame final (con data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación: 60% Teoría 20% Seminarios 20% Prácticas Aqueles estudantes que queiran ser avaliados na primeira oportunidade mediante esta modalidade de avaliación única non poderán ter entregado nin presentarse a ningunha das probas da avaliación continua.
No caso da segunda oportunidade, independentemente do sistema de avaliación escollido durante a primeira oportunidade, realizarase un único exame final (en data marcada pola Xunta de Facultade) que incluirá preguntas sobre as tres partes da materia coa seguinte ponderación: 60% Teoría 20% Seminarios 20% Prácticas
Tanto en primeira como en segunda oportunidade para superar a disciplina é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das tres partes (Teoría, Seminarios e Prácticas); unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é polo menos de 4/10. A nota media para aprobar a disciplina debe ser un 5.0. A asistencia a seminarios e prácticas non é obrigatoria, pero quedará rexistrada. A asistencia a seminarios e prácticas non obriga a avaliación continua, e o alumno poderá optar por calquera das modalidades de avaliación. A obtención de Matrícula de Honra requirirá, como mínimo, unha nota final de 9.0 ou superior, e a realización de todas as tarefas propostas para a avaliación continua. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para os estudantes que se poidan acoller á convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha única proba global con valor do 100%, similar ao descrito para a segunda oportunidade. Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas ou equivalentes telematicamente e apoiados mediante titorías (presenciais ou telemáticas). |
|