É recomendable tentar cursar
as prácticas pre-profesionais durante o verán anterior a comenzar o cuarto
curso, co fin de que o segundo semestre quede máis libre a nivel horario. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contornainmediata sostible e
cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental daFacultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicennesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte
informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización deborradores. Perspectiva de xénero "Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)". "Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade".
"Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas". |