A avaliación da materia dividese
en:
-Primera proba obxectiva:
25% (Temas 1, 2)
-Segunda proba obxectiva:
45% (30% Temas 3, 4, 5; 15% Tema 6)
-Prácticas de
Laboratorio: 20%
-Obradoiros e seminarios:
10%
A avaliación non poderá ser positiva
se non se asistiu a todalas clases de laboratorio.
As matriculas de honra outorgaranse
prioritariamente a alumnado que supere a materia na "primeira oportunidade". Só
se outorgará na “segunda oportunidade” se o número máximo delas non se cubre na
primeira.
O estudantado que no supere a
materia na Primeira Oportunidade será avaliado nos exames oficiais da Segunda
Oportunidade. Nesta convocatoria avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), cun
exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. Para
obter a calificación de NON PRESENTADO, o estudantado non poderá ter
participado en más dun 25% das actividades avaliables programadas.
O alumnado que se acolla ao
“recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia” de acordo coa normativa da UDC, deberá asistir de maneira
obrigatoria ás prácticas de laboratorio.
A cualificación final para os
devanditos alumnos/as constará de dúas partes: a cualificación obtida nas
prácticas de laboratorio, que contribuirá nun 20% á nota final, e a proba
mixta, que computará polo 80% restante. Estas porcentaxes de cualificación
aplicaranse ás dúas oportunidades.
No caso de circunstancias
excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o profesor
responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de
concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atopara nesta
circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a
consecución das competencias propias da materia.
A realización fraudulenta das probas
ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na materia na oportunidade correspondiente: o/a
estudante será calificado/a con “suspenso” (nota númerica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a realización/comisión da falta
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederáse a
modificar a súa calificación na acta da primeira oportunidade, no case de ser
necesario.
Segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC"
(Art.3.b e 4.5) e as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá de poder participar dunha metodoloxía
formativa e actividades docentes asociadas que lle permitan acadar os
obxectivos formativos e as competencias propias da materia. Porén, este
alumnado poderá participar dun sistema personalizado de titorías de orientación
e avaliación que servirán por unha banda, para orientar o traballo autónomo do/a
alumno/a e levar un seguimento da súa progresión durante o curso; e por outra,
para avaliar o grao de desenvolvemento competencial acadado.
A porcentaxe de dispensa quedará
prefixada nunha primeira entrevista co alumnado, unha vez coñecida a súa
situación persoal. Deste xeito, fixarase un cronograma para as titorías de
orientación, e determinarase o número de obradoiros de resolución de problemas
que deberán ser avaliados mediante esta metodoloxía (cada dúas sesións de seminario
ou obradoiro serán avaliados mediante 1 titoría). Unha vez coñecidos,
ponderarase o seu número sobre o total e fixarase o número de titorías das que
este alumnado deberá participar. Todas elas serán prefixadas co alumnado en
función da súa dispoñibilidade, atendendo ao cronograma de contidos da materia
e concretando os prazos de entrega do diferente material susceptible de ser
avaliado (boletíns de problemas e cuestións). Este material seralle entregado
previamente a través da plataforma Moodle segundo o cronograma acordado na
entrevista inicial.
Durante as sesións de titoría
trataranse aspectos asociados tanto aos contidos da materia como á revisión conxunta
dos traballos entregados.