Requírense coñecementos
de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material
que se facilitará ao alumno está nesta lingua.
Na segunda oportunidade
poderase recuperar un 100% da nota a través dun traballo tutelado. Os/as
alumnos/ as que aproben a materia na primeira oportunidade, non poderán presentarse á segunda oportunidade.
As condicións de
avaliación da oportunidade adiantada serán específicas para esta oportunidade,
que será avaliada por medio dun único traballo tutelado, que supoñerá un 100%
dá cualificación final.
Os/ as alumnos/ as con dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de asistencia a clase serán avaliados cos mesmos criterios que os/as de tempo completo. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
As tutorias, e tutorias de grupo reducido realizaranse sempre de maneira non presencial.
Se hai circumnstancias que así o aconsellan de diversa índole, a materia poderá pasarse a modo semi-presencial aínda cando non se produciu un cambio na situación sanitaria xeral.
Durante un período
semipresencial (ou non presencial), parte (ou todas) as metodoloxías realizaranse mediante ferramentas telemáticas: Moodle, Teams e email.
A realizacíon fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.