Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Análise das Operacións Financeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A5 A6 A8 B2 B3 B4 B5 1. Dúas probas ao longo do cuadrimestre.

2. O primeiro inclúe os ítems 1 e 2 e supón o 25 % da nota na avaliación final da primeira oportunidade, o segundo inclúe o ítem 3 e supón o 20 % da nota da avaliación final na primeira oportunidade.

2. Consisten nun exame seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías
45
Proba mixta A5 A6 A8 A11 B2 B3 C2 1. Trátase dunha proba única para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

2. Na primeira oportunidade, realizarase un exame dos puntos 4 e 5 do programa, que suporá o 55 % da nota da avaliación final.
Na segunda oportunidade realizarase un exame da materia total e supón o 100% da nota de avaliación.

3. Estas probas realizaranse nas datas oficiais seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías.

4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:  

 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.  

 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.  

 B) TIPOS DE CALIFICACION:  

 1. Calificación de non presentado: Corresponde a quen só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.  

 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia á exención de asistencia

A avaliación destes rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado. Para a realización das probas de resposta breve deberán porse en comunicación cos seus profesores a comezo do curso académico co fin de acordar un calendario específico compatible coa súa dedicación

 C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:  

1. Primeira oportunidade. Aplicaranse os
criterios de avaliación anteriormente mencionados neste apartado: dúas probas
ao longo do cuadrimestre e unha terceira na data do exame oficial.



 2. Segunda oportunidade. Haberá un único exame
que inclúe todo o temario e suporá o 100% da nota final desta oportunidade. As
cualificacións obtidas nas probas realizadas para optar á primeira oportunidade
non se terán en conta en ningún caso para optar a esta segunda oportunidade.



 3. Convocatoria anticipada. Realizarase unha
proba mixta dirixida a avaliar todas as competencias e contidos da materia. O
resultado obtido nesta proba suporá o 100% da nota final obtida polo alumno.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:  

Os únicos
utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos
para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora
electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do
exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de
comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos,
anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na
convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia
desta norma supón que se considere realizada a proba en fraude e iso con
independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou
material sinalado utilizáseos ou non no curso desta.

 As probas non
realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación
de cero puntos na convocatoria quedando invalidada calquera cualificación que o
alumno puidese obter durante o curso mediante a realización das actividades de
avaliación.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a
coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes