Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Dirección e Organización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A3 A4 A8 A10 A12 B1 Exame tipo test
60
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 A13 B3 B5 B7 B9 C1 C4 C5 C7 A partires da elección duhna empresa real realizarase unha análise de distintos aspectos relacionados co seu goberno corporativo e organización interna.
O traballo, ademais de entregarse por escrito, presentarase oralmente na clase cara ao final do período do curso, segundo o calendario fixado polo profesor.
40
 
Observacións avaliación

A) CUALIFICACIÓN DE "NON
PRESENTADO" E DE "SUSPENSO" POR SANCIÓNS DISCIPLINARIAS
  

1. 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao
alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da
cualificación acadada.

2. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e
respecto da materia en que se cometese (
artigo 11, apartado 4
b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC):
o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a
súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

 B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 

 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade será totalmente continua en base a unha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral do traballo tutelado que compoñen o resto da avaliación da asignatura (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación oral realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do exame.    

 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase a partires do exame tipo test mais o traballo tutelado aplicando as mesmas ponderacións que na 1ª oportunidade, tendo en conta o seguinte: 1º) aqueles estudantes que se presentaron a primeira oportunidade e suspenderon, as súas notas do traballo tutelado serán recuperadas, 2º) aqueles estudantes que non se presentaron a primeira oportunidade e no fixeron traballo tutelado poderán realizalo. Para elo, o estudante dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade. Do mesmo xeito que para a primeira oportunidade, para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba.    

 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10.

C) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:  

1. Condicións
de avaliación
: Está prohibido acceder á sala de exames con
calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o
almacenamento de información.  
2. Identificación
do estudante
: O estudante deberá acreditar a súa personalidade
segundo a normativa vixente.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes