Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Políticas Económicas Sectoriales
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C6 C8 Cuestionario realizado nas clases interactivas adicadas ao estudo de casos, consistente en preguntas breves sobre casos prácticos da materia. As diferentes actividades desenvolvidas durante o curso serán avaliadas para obter a cualificación desta parte. Podería haber diferentes ponderacións para cada actividade segundo a súa tipoloxía ou dificultade. Valoraranse en gran medida o esforzo persoal a aprendizaxe continua e a comunicación escrita e/ou oral. 40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C8 Ademáis do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE EVALUACIÓN

Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

Implicacións dos casos de fraude na realización de probas e actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN: 

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

Segunda oportunidade: De acordo coas directrices aprobadas pola Comisión Académica o día 22/10/06, nesta convocatoria o alumnado deberá ser capaz de acadar o 100% da nota. Pois ben, no caso desta materia, haberá unha proba adicional ao exame ordinario, que terá lugar inmediatamente despois deste. Esta proba consistirá en responder a unha serie de preguntas de desenvolvemento (tanto de contido teórico como práctico) durante un tempo máximo de 2 horas. Todas estas preguntas son de resposta obrigatoria, de xeito que unha puntuación de 0 en calquera delas suporía unha puntuación de 0 nesta proba complementaria, na que a puntuación máxima é de 4 puntos.

Convocatoria adiantada: 100% examen final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes